O paro baixou en Galicia en febreiro en 956 persoas e queda o total de desempregados en 144.092.
O número de desempregados reduciuse en Galicia un 0,66 % respecto ao mes anterior, deixando a cifra total de parados en 144.092; son 10.417 menos que no mesmo mes de 2022.
O paro baixou en todas as provincias; sobre todo en Pontevedra, onde o desemprego caeu en 354 persoas. Por sectores, o desemprego reduciuse especialmente no sector servizos (-842) e na industria (-271).
A Seguridade Social sumou en Galicia 5.086 afiliados de media en febreiro, polo que o número total de afiliados se sitúa en 1.035.824 segundo datos publicados este xoves polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destaca que estamos ante a cifra de parados máis baixa de toda a serie histórica nun mes de febreiro.
En España o paro aumentou «levemente» en 2.618 persoas, moi por baixo da media de febreiro
En España, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego tivo un incremento de 0,09 % respecto ao mes anterior. O total de parados en España é de 2.911.015 persoas, a cifra máis baixa dun mes de febreiro desde 2008.