domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísDetido no Rosal por estafar a súa parella 60.000 euros en créditos

Detido no Rosal por estafar a súa parella 60.000 euros en créditos

Pediu créditos a partir das tarxetas bancarias da súa parella. Un home natural de Uruguai afincado e casado no Rosal de 47 anos que agora está detido por actuar en connivencia con dúas mulleres.

O presunto estafador foi detido o pasado 15 de febreiro como presunto autor dos delitos de estafa, usurpación de estado civil, branqueo de capitais e falsificación de documento público tras contratar varios préstamos a nome da súa parella.

Segundo informou a Garda Civil, a investigación comezou xa en outubro, cando a vítima da estafa manifestou ser enganada por quen nese momento era o seu compañeiro sentimental.

«Para levar a cabo a estafa, a súa parella, que decidiu romper a relación pouco logo dos feitos, realizou a contratación de varios préstamos bancarios en conivencia con outras dúas persoas asentadas en Vigo, a nome da denunciante, por un importe aproximado de 60.000 euros, cantidade que posteriormente foi repartida entre os autores do feito», indicou o instituto armado.

Ademais, con tarxetas bancarias solicitadas a nome da muller, realizáronse compras en varios comercio por importes próximos a 2.000 euros.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS