domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísO Goberno permitirá cinco parques eólicos mariños en Galicia

O Goberno permitirá cinco parques eólicos mariños en Galicia

O Goberno de España permitirá eólica mariña en catro polígonos da costa cantábrica galega e nun situado en fronte á desembocadura do río Miño.

Así figura nos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) aprobados este martes polo Consello de Ministros.

O Executivo central marcou ata 19 zonas de alto potencial para o desenvolvemento de enerxía eólica no litoral español. Estes están repartidos en catro grandes áreas: a noratlántica, a levantina-balear, a canaria e a do Estreito e Alborán.

No caso da zona noratlántica, que inclúe toda ao costa galega e o mar Cantábrico, nela proxéctanse ata oito posibles espazos nos que se poderán instalar parques eólicos mariños. Deles, cinco atópanse na costa galega. O máis próximo está a unha distancia de 21 quilómetros de terra, segundo informou o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

Así, un deles estará situado na desembocadura do Miño, mentres que o resto estarán na costa cantábrica das provincias da Coruña e de Lugo.

Ademais, haberá outros tres en fronte á costa asturiana. En total, as oito áreas noratlánticas suman case 2.700 quilómetros cadrados, máis da metade dos case 5.000 quilómetros cadrados onde o Goberno permitirá instalar eólica mariña en toda a costa española.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS