domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaDavid Pérez Rego “cato” inaugura a mostra “Arquitectura, debuxo e tinta”

David Pérez Rego “cato” inaugura a mostra “Arquitectura, debuxo e tinta”

A exposición do artista porriñés estará aberta ao público todo o mes de marzo no centro cultural municipal

Baixo o título “Arquitectura, debuxo e tinta”, o próximo venres 3 de marzo, ás 19.00 horas, inaugúrase no centro cultural do Porriño unha exposición do artista porriñés David Pérez Rego “Cato”.
A través de trinta debuxos orixinais realizados con estilógrafo, nesta mostra ofrécese unha visión do patrimonio arquitectónico porriñés e da contorna realizados por este debuxante, escritor e bibliotecario do Porriño, que xa ten participado anteriormente en diversos proxectos culturais, tanto persoais como colectivos.
O traballo artístico de David caracterízase por reproducir ao detalle arquitecturas do patrimonio galego con estilógrafo, en tinta negra, empregando unha técnica de punteado e raiado minucioso que lle permite obter láminas de gran realismo. Para cada debuxo, composto de milleiros de pequenos trazos, emprega ducias de horas de observación, análise e traballo preciso, conseguindo reproducir en papel obras salientables da arquitectura galega.
A exposición estará aberta ao público durante todo o mes de marzo

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS