domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaMos celebrará unha xornada anual do asociacionismo

Mos celebrará unha xornada anual do asociacionismo

Será un encontro tipo networking no que se reúnan membros de todas as entidades e colectivos asociativos do municipio

O Multiusos das Pozas acolleu un encontro coa alcaldesa, Nidia Arévalo e os colectivos e entidades do municipio. A xuntanza daba continuidade ao programa que se viña realizando nos últimos anos co fin de escoitar ás agrupacións que traballan en Mos.
Tratouse dun momento de encontro, ao que asistiron un total de 120 persoas membros de 70 colectivos mosenses, e no que se puxeron en común inquedanzas e necesidades.
Participaron integrantes de entidades asociativas veciñais, deportivas, culturais, sociais, empresariais… Comunidades de Augas, de Montes, etc. que puideron preguntar e suxerir a Arévalo todas aquelas cuestións que consideraron oportunas.
No encontro, de preto de dúas horas e media de duración, acordouse organizar unha xornada anual do asociacionismo. Un sábado ao ano pasar o día xuntos todos os membros dos colectivos de Mos nun encontro, tipo networking, no que sumar sinerxías, compartir experiencias. Unha xornada formativa, de convivencia e de lecer para implementar fortalezas e confraternizar, crear e aumentar a rede de contactos, coñecer a persoas e organizacións, dar a coñecer servizos, descubrir oportunidades, etc.
A alcaldesa destacou durante a xuntanza “a importancia do tecido asociativo mosense, e a súa implicación en traballar para o ben común e para que o Concello mellore, que mellore a calidade de vida e o día a día da veciñanza” e salientou a súa intención como rexedora local de “seguir escoitando aos diferentes colectivos para saber o que Mos quere e o que Mos necesita, para seguir mellorando e construíndo un Mos mellor”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS