lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaAventura na neve na semana branca do Porriño

Aventura na neve na semana branca do Porriño

Escolares de Primaria desfrutaran estes días dunhas xornadas repletas de actividades na Estación de Esquí Valle Laciana-Leitariegos

A cativada viaxará a esta pequena e familiar estación de esquí situada na provincia de León, na bisbarra de Laciana que é Reserva da Biosfera e no límite co Principado de Asturias. Alí pasarán tres días nos que vivirán unha experiencia de neve na que convivirán cos seus compañeiros, aprenderán nocións básicas do esquí, participarán en xornadas multideporte e tamén nunha xincana deportiva-cultural na que coñecerán os diferentes costumes da comarca leonesa.
Na excursión participarán todos os centros de primaria do municipio que sairán de maneira escalonada. Hoxe luns foi a quenda do CEIP Plurilingüe de Atios e do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios, mércores partirán os nenos e nenas do CPR Santo Tomás e CPR Hermanos Quiroga e o vindeiro luns 6 de marzo o farán os do CEIP Xosé Fernández López, CEIP Cruz Budiño e CEIP da Ribeira.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, despediron hoxe ao primeiro grupo ao que pediron que desfrutaran ao máximo destes días xuntos e de todas as actividades e aventuras que lles esperan.
O Concello do Porriño colabora coa organización desta activades aportando 15.000 euros a través dun convenio de colaboración coa Asociación Xornadas Brancas, constituída por todos os centros educativos de primaria do municipio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS