O veciño de Rubíos, nas Neves, rodou 150 filmes e acuñou o cinema rexional galego.
O pioneiro do cinema galego, José Gil, volve a casa. Gil é un veciño das Neves, que naceu na aldea de Rubiós a finais do século XIX e que supuxo o precursor do cine galego.
Entre outras proezas, rodou 150 filmes e participou na primeira longametraxe de ficción do cine galego, en 1916. Nese filme, actuou o escrito Alfonso Rodríguez Castelao.
A de Gil, trátase dunha figura case esquecida pero que, agora, se recupera co proxecto que pon en marcha Vía Lactea Filmes en colaboraicón con cine na rúa e a Editorial Galaxia, que conta co apoio da Deputación de Pontevedra.
En Si Radio de Galicia, entrvistamos ao director de cine Ignacio Vilar: