domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaA bandeira de Mos chegará ao Polo Norte

A bandeira de Mos chegará ao Polo Norte

A cuarta expedición de Compromiso coa Terra de Chus Lago, na que participan a mosense Vero Romero xunto con Sechu López e Silvia Casar, percorrerá 200 quilómetros polo lago Torneträsk en Laponia

O Concello de Mos acolleu a presentación do novo proxecto “Compromiso con la Tierra 2023. 4ª expedición polar Chus Lago. Deportistas por el hielo”.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañou na presentación a Chus Lago, que participou en videoconferencia desde Houston, aos membros da expedición: Vero Romero, Sechu López e Silvia Casal; Carmen Pérez, presidenta de Montañeiros Celtas. Fernando Fernández, vicepresidente de Montañeiros Celtas; Ana Ulla, primeira Catedrática Astrofísica da Universidade de Vigo; Daniel Boubeta, investigador da Universidade da Coruña, do Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia Artificial que entregará ao equipo da expedición o primeiro prototipo de Fotómetro para medir la luz ambiental e contaminación lumínica, e aos patrocinadores, todos de empresas do conxelado e industria mariña (María Ferreiro, directora financeira de Noribérica; María Lorenzo, responsable de organización de Hermanos Fernández Ibáñez; Yago Rada, director xeral de Frialia; Rosa Sieiro, directora de servizos corporativos de Frialia e Andrés Valiñas, presidente de AFAMSA).

Escoita as declaracións da alcaldesa Nidia Arévalo, Vero Romero e Chus Lago:

A expedición sairá o vindeiro luns 27 de febreiro cara a Madrid para logo partir rumbo a Laponia.

“Compromiso con la Tierra” nace en 2015 cun obxectivo claro: espertar a conciencia ambiental e de valores de equipo a través de expedicións a rexións por riba do Círculo Polar Ártico. Con cada expedición desenvolven un labor divulgador orientado aos centros escolares, charlas e material audiovisual.

Os obxectivos son sumar máis quilómetros sobre xeo, evidenciando o fráxil e fermosas que son as rexións polares, así como o dano irreparable que sofre esta fronteira polar e poñer o foco nas consecuencias tanxibles do desxeo.

Esta nova Expedición 2023 será por Laponia-Suecia, no Lago Torneträsk. O equipo circunvalará o perímetro do lago Torneträsk, aproximadamente 200 quilómetros. A travesía será en completa autonomía, en esquíes, e arrastrando os seus equipos persoais de expedición. Serán un total de 20 días en Suecia.

O equipo está formado por Silvia Casal (Vigo, 1987), Verónica Romero (Mos, 1975) e Sechu López (Ourense, 1965) e levará consigo a bandeira de Mos que hoxe lle foi entregada pola alcaldesa. Trala expedición, continuará a aventura con divulgación, charlas e actividades con escolares.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS