viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaO TSXG falla a favor do Concello de Mos e desestima o...

O TSXG falla a favor do Concello de Mos e desestima o recurso da Urbanización de San Antoíño

A sentenza obriga aos veciños á subsanación de deficiencias previa á que a obra poida ser recepcionada. A alcaldesa insiste na vontade municipal de mediación e de man tendida para solventar a problemática da Urbanización.

O Concello de Mos vén de recibir a sentenza (de data 10/02/2023) favorable, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, de desestimar o recurso realizado por unha parte dos veciños de San Antoíño tras o fallo favorable ao Concello, do Contencioso Administrativo 3 de Pontevedra, sobre a Urbanización en outubro de 2021.
Ante este posible escenario de sentenza favorable ao Concello, a alcadesa de Mos, Nidia Arévalo, convocou aos veciños de San Antoíño a unha reunión o domingo pasado no Pazo de Mos para manifestarlles “a man tendida da administración local mosense, que non lles vai dar as costas nin deixalos sos”. Deste xeito o Concello posiciónase como mediador para buscar unha solución á recepción das obras da urbanización.
Xunto coa rexedora local mosense estiveron presentes nesta xuntanza todos os voceiros dos diferentes grupos integrantes da Corporación Municipal.
Os feitos son que as obras da Urbanización de San Antoíño non tiveron unha recepción expresa, nin tampouco tácita porque o Concello non manifestou a tolerancia ante serie de deficiencias existentes.
“A consecuencia, non concluíndose adecuadamente as obras, e non sendo recibidas, o Concello non ten a responsabilidade sobre a súa conservación nin de prestación dos servizos solicitados en tanto non se dea cumprimento ás obras de urbanización” ditamina expresamente a sentenza. Que ademais establece os deberes dos propietarios de chan urbano consolidado: “Completar pola súa conta a urbanización necesaria para que os terreos alcancen, se aínda non a tivesen, a condición de solar, nos supostos de edificar ou rehabilitar integralmente. Para ese efecto, afrontarán os custos de urbanización precisos para completar os servizos urbanos e executar as obras necesarias para conectar coas redes de servizos e viaria en funcionamento…”.
A orixe da urbanización atópase no proxecto de delimitación de chan urbano tramitado nos anos 80 concretando que non se permitía a posta en servizo das vivendas en tanto non se cumprisen os requisitos de infraestrutura. Non constando o seu cumprimento, non se produciu a recepción das obras, aínda cando se viñeron prestando certos servizos polo Concello.
Polo tanto o proceso urbanizador, tal e como resulta dos informes técnicos municipais, non se completou, sendo evidente que nunca se chegou a recibir a urbanización. De forma que, non existindo recepción, que tampouco consta solicitada, nin expresa nin tácita, o recurso de apelación foi finalmente desestimado.
A sentenza apóiase no informe do Arquitecto municipal do 9 de abril de 2018 sobre a urbanización residencial San Antoíño: “Actualmente, o ámbito residencial de San Antoiño, conta con servizos urbanísticos, que presentan importantes deficiencias ou mesmo carencias, debido, por unha banda, ao deterioración ligada á antigüidade dos mesmos ou deseño obsoleto, e por outra, ausencia por non contemplar o proxecto de urbanización a súa implantación. Polo que proceden obras indispensables para acadar o grao de urbanización que garanta, primeiramente, os servizos e polo tanto calidade e vida aos usuarios do ámbito residencial de San Antoiño, e, ao mesmo tempo, cumpran coas disposicións legais para este tipo de só, nomeadamente co disposto non artigo nº 17 dá Lei do Solo de Galicia. E unha vez finalizadas, recibirase dita segunda fase ou recepción definitiva do conxunto, se fora o caso…”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS