sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra reparte trampas para a velutina

Salvaterra reparte trampas para a velutina

En total, son 150 e máis de 300 doses de líquido atraínte.

O Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación ante a vespa velutina. «Encontrámonos no momento de empezar co trampeo das raíñas, xa que cun simple xesto, o de colocar unha trampa, podemos facer moito», din dende a administración local.

É por isto que o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación e repartirá 150 trampas e máis de 300 doses de líquido atraínte porque «é moi importante que todos actuemos para intenar frear a proliferación da vespa velutina que afecta dun xeito moi severo á viodiversidade».

Todas as persoas interesadas poderán pasar polo Concello a recoller a súa trampa e a dose de líquido a partires do luns 20 de febreiro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS