miércoles, octubre 30, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño súmase ao compromiso Net-Zero

Porriño súmase ao compromiso Net-Zero

O Concello pon en marcha un proxecto para compensar a pegada de dióxido de carbono reforestando os montes

O Concello do Porriño pon en marcha o proxecto Porriño Net-Zero, unha iniciativa necesaria que reforza o compromiso da administración local coa sustentabilidade e a economía circular.
As principais medidas de O Porriño Net-Zero son o cálculo da pegada de carbono do Concello como institución e a neutralización da mesma plantando árbores nos montes, o acceso ás comunidades de montes ao mercado do carbono e facilitar ás empresas e comercios do Porriño a conversión en negocios Net-Zero axudándoas a rentabilizar esta inversión.
A iniciativa foi presentada ao tecido empresarial e comercial do Porriño da man de David Lemos, representante de Airco2.
“Como Concello, achegarse á neutralidade de carbono é tamén unha resposta a unha realidade incontestable, defendida pola sociedade, polo mercado e recollida na axenda 2030 coa que nos aliñamos”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Queremos que os porriñeses e porriñesas poidan sacar peito de pertencer a un concello responsable e referente no que respecta ao medio ambiente. Responsable porque nos facemos cargo das emisións de CO2 que xera a nosa actividade profesional e traballamos para reducilas e neutralizala, e referente porque queremos ser un exemplo a nivel rexional e nacional de modelo de xestión municipal que vai por diante en materia de economía circular aplicada á pegada de carbono”.
Co lanzamento deste proxecto, a administración local conseguirá ademais de preservar e manter os montes, revalorizar o rural e promover a sustentabilidade da industria e comercio do municipio.
O interese mostrado polo tecido empresarial e comercial por este proxecto demostra, en palabras do rexedor, “o interese común de posicionar ao Porriño como un concello concienciado e comprometido co medio”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS