A operadora Avatel despregou a instalación de Internet de banda longa dando servizo á parroquia de Sanguiñeda e á zona de Pereiras que linda con ela
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Leo Costas; Irene Torrado Pérez, supervisora de tenda de Avatel en Galicia, e veciños beneficiarios da instalación, reuníronse hoxe en Sanguiñeda para anunciar que Avatel, quinta operadora de telecomunicacións a nivel nacional e líder no segmento rural, despregou a súa rede de fibra óptica a preto de 1.000 fogares e empresas de Mos.
Gran parte do despregamento, dá cobertura de Internet de banda longa a case toda a parroquia de Sanguiñeda e unha parte de Pereiras, a zona da parroquia que linda con Sanguiñeda. Monte e o tramo restante da Avenida de Sanguiñeda, esta zona é a que se abre hoxe, Ameirolongo está acometido pero pendente do permiso de Fomento (está despregada a rede e só falta iso para activala). A Avenida da Florida, que non tiña, e camiños próximos, que agora con Avatel, tamén se activan desde hoxe. A instalación realizouse en zonas onde ata o de agora non chegara Internet de alta velocidade. Así mesmo, dita actuación foi posible grazas á cesión de infraestruturas por parte do Concello, comprometido en apoiar a transición dixital para o desenvolvemento da poboación.
Deste xeito, teñen xa servizo 12.000 persoas dos 15.000 habitantes do municipio. Tan só 3.000 veciños non dispoñen de Internet de alta velocidade en Mos.
“Chegamos para quedarnos e formar parte activa das comunidades nas que operamos. Avatel mantén así os valores de proximidade e proximidade como operadora local”, sinala Irene Torrado Pérez, responsable comercial da Zona Galicia. A operadora chega ao municipio para impulsar a súa transformación dixital facilitando conexión ultrarrápida de ata 1GB, telefonía fixa, telefonía móbil e contidos de televisión coa súa plataforma de televisión.
Avatel despregará FTTH (fibra ata o fogar nas súas siglas en inglés), a tecnoloxía de conexión terrestre con máis capacidade dispoñible que proporciona unha velocidade ultrarrápida e unha baixísima latencia.
A súa expansión na Comunidade Autónoma é posible grazas á segunda convocatoria do Plan ÚNICO Banda Ancha do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital -financiado con fondos europeos-.
Evolución da fibra óptica en Mos
A comezos do verán do ano 2021 dábase desde o Concello de Mos a boa nova do desbloqueo da problemática na implantación do internet de alta velocidade no municipio. Iniciábase entón o programa de extensión da banda longa en Mos por parte das operadoras R e Telefónica Movistar. Ambas recibiran subvención estatal a tal fin.
No caso de R o total do programa inclúe 2.200 vivendas e 6.000 habitantes. Entre R e Movistar, unha vez acometida a totalidade do programa, son 50 núcleos de poboación das 10 parroquias mosenses os que dispoñen de servizo (a maiores dos 7 que xa o tiñan desde o ano 2019).
Tras os núcleos obxecto de instalación durante os meses de xuño, xullo e agosto de 2021, nos que puideron conectarse un total de máis de 500 vivendas, hai novos núcleos con fibra de R ou Movistar, xa instalada. Os devanditos núcleos son: Ansar, Barro, Atín, Coto, Arufe, Igrexa (Cela), Roublín, Casal, Casalmorto, Campo de Eiró, A Florida, As Vides, San Rafael, Balteiro, Arrubial, Estivada, Porteliña, Laxe, Pedraucha, Cotiño (Dornelas), Bosende, Gándara (Mos), A Rúa, Sobrado, Zapateira, Espaín, Pantaño, Louriñó, Cerdedelo, Peinador e o resto da parroquia de Guizán.
Ademais hai outros 8 núcleos de poboación con instalación de internet de banda longa. Son os lugares de As Vides, Agueiro, en Tameiga Pazo, Rans e Autovía, As Regadas e Rexenxo.
Durante o primeiro trimestre do pasado ano 2022, acabáronse de desenvolver os núcleos de Os Cabaleiros, Pombal, As Angustias, Piñeiro, tramo inicial da Avenida de Sanguiñeda (Senlle) e Inxertado (desde Santiaguiño e parte de Arrufana pasando por As Cortiñas ata a Estrada Nacional 550).
Outros 8 núcleos onde a instalación foi complexa por temas técnicos e por ser necesarias licenzas previas de Fomento, tal e como sucedeu con estas zonas cubertas por Avatel.
Logrouse tamén o desbloqueo dos núcleos de Igrexa (Tameiga), Cotiño (Tameiga), e Fraela.
“Mos está deste xeito ao 82%de cobertura de fibra” explicaron rexedora local e edil de Novas Tecnoloxías, “mentres que en xuño do 2021, cando se iniciou o despregamento que empezamos nesta fase, estabamos ao 10%”, declararon satisfeitos pese a demora do inicio dos traballos.
A maiores, estase a traballar para poder levar o PEBANG 2021 a zonas brancas de Mos como son Arrufana, Herville, Outeiro; e que incorpora estas: Castro (Mos), Pedrapinta, Santa Marta e Veigadaña. Tamén unha pequena zona pendente na Porteliña, que está pendente para este ano.
Unha vez realizadas as zonas brancas, acadarase preto do 90 por cento da instalación de internet de banda longa acometida en Mos, e xa só quedarán zonas pequenas que se conectarán pouco a pouco ou non o farán pola súa dispersión.
Neste senso é importante recalcar o traballo do Concello, axilizando permisos, cambiando postes, facilitando solucións aos problemas cos que se atopan as subcontratas dos operadoras, etc.