domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaA reforma da biblioteca de Mos rematará en abril

A reforma da biblioteca de Mos rematará en abril

Así o avanzou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, nunha visita o centro xunto á alcaldesa, Nidia Arévalo

Trátase dun proxecto para o que a Xunta colabora co Concello de Mos con 250.000 euros e que permitirá, entre outras accións, incluír novos espazos infantís, tecnolóxicos e audiovisuais.

“Seguimos avanzando así no noso compromiso por facilitar e mellorar o acceso á cultura de todos os galegos, apostando pola innovación e modernización das infraestruturas de proximidade”, expresou o titular de Cultura da Xunta. Neste sentido, destacou que esta é unha das liñas de actuación do novo Plan Xeración Cultura, a folla de ruta de 2023 para acompañar a expansión do sector cultural cunha batería de medio cento de medidas e un investimento global de 34 millóns de euros.

Precisamente o Plan oriéntase a facilitar o acceso a cultura a todas as persoas e en todos os lugares, un aspecto que tamén salientou o titular de de Cultura da Xunta que se referiu ao “avance significativo para os veciños de Mos” que suporán os novos servizos que incorporará a nova biblioteca municipal María Magdalena.

Zona infantil e de lectura
En concreto, os traballos permiten transformar os espazos adaptándoos ás necesidades actuais, para o que se incluirá unha zona infantil de lectura, unha sala de estudo, así como áreas de informática. Tamén se dotará de novo mobiliario con materiais ergonómicos e adaptados á rapazada e se vai mellorar a iluminación e un novo sistema audiovisual con proxector e pantalla para presentacións e exposicións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS