lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasO Condado"Pódese convivir coa praga de Falvesencia Dourada"

«Pódese convivir coa praga de Falvesencia Dourada»

Entrevista co subdirector de Explotacións Agrícolas, Nicasio Mejuto.

A Flavescencia Dourada non ten que supoñer maior problema que o de estar atentos a se hai presenza dela nas cepas. Así o di nos micrófonos de Si Radio de Galicia o subdirector de explotacións agrarias da Xunta de Galicia, Nicasio Mejuto, quen pide calma ao sector logo de que Medio Rural detectara hai unha semana esta bacteria nunha parcela de Arbo, das Neves e en Crecente e en Padrenda, na provincia de Ourense.

Trátase dunha bacteria que fai que a cepa infectada non dea producción de calidade e que teña que ser arrincadas. Por precaución, Medio Rural decidiu estender a zona demarcada en parcelas da Cañiza, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Tui e Tomiño.

Podes escoitar a entrevista completa co subdirector de Explotacións Agrícolas, Nicasio Mejuto:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS