A Xunta impulsa co Concello de Mos un programa de voluntariado interxeracional centrado nos coidados aos maiores que inclúe actividades como faladoiros, exercicios físicos na casa, musicoterapia ou ensinanza de instrumentos tradicionais.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, e Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga Alzheimer, animaron hoxe á participación da veciñanza nesta iniciativa que leva por título “Compartindo experiencias de vida. Sinerxia Xeracional”.
Na presentación participaron maiores do municipio que son moi activos participando en iniciativas que organiza o Concello como os programas ‘Tempo de Lecer’, ‘Tempo de Excursións’, ‘Exercítate’, ‘Cultiva a túa mente’, cursos sobre uso de novas tecnoloxías… e mozos alumnos do Colegio Lar que están a cursar o Ciclo Formativo en Atención Sociosanitaria. Ambas xeracións amosáronse moi interesadas en formar parte deste programa de voluntariado interxeracional e manifestaron a súa intención de inscribirse e participar nel.
Escoitamos as declaracións feitas no acto de presentación:
Este proxecto, que hoxe se presentou, contempla a realización dun amplo programa de actividades nas que xente nova e persoas maiores compartirán experiencias. Entre as accións que se levarán a cabo, salientan os faladoiros, lectura, exercicios físicos na casa, musicoterapia, actividades lúdicas ou ensinanza de instrumentos tradicionais. O obxectivo desta proposta é que as mozas e mozos se impliquen no coidado e atención aos veciños de máis idade desta localidade pontevedresa.
O Concello de Mos é unha da vintena de entidades locais e de acción voluntaria que desenvolven proxectos a través da primeira edición do programa de voluntariado interxeracional no rural posto en marcha polo Goberno galego. A través de experiencias como a que se levará a cabo en Mos quérese favorecer a formación e intercambios de coñecementos entre os maiores e a mocidade.
Oportunidades
Neste sentido, a directora xeral de Xuventude destacou que a finalidade é abrir novas oportunidades de futuro e perspectivas laborais para a mocidade. Así, explicou que o voluntariado interxeracional permite conxugar o talento e a experiencia das persoas maiores coas inquedanzas e curiosidades da xente nova.
Trátase de que as persoas de máis de 55 anos compartan a súa experiencia en ámbitos como a recuperación de oficios, a produción agroalimentaria, a posta en valor do patrimonio e o turismo con mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. Estes poderán devolver este coñecemento achegando á xente maior nocións en modelos dixitais e tecnolóxicos, entre outros.
Titorización
O programa de voluntariado interxeracional conta cun orzamento de 760.000 euros, púxose en marcha a finais do ano pasado e continuará durante 2023, principalmente en lugares do medio rural. Esta novidosa proposta está dirixida a entidades de acción voluntaria, tanto locais como asociativas. Todos os proxectos están integrados por grupos interxeracionais e funcionan por un sistema de parellas, no que cada persoa voluntaria maior de 55 anos encargase de titorizar a un mozo