A Policía Naconal localiza e detén en Ourense ao exmarido da muller de 47 anos atopada morta este domingo con sinais de violencia de Baiona no acceso á súa casa.
Primeiro caso de violencia machista en Galicia neste 2023.
A autopsia da avogada de 47 anos asasinada será esta tarde no hospital Nicolás Peña de Vigo.
El, de 46 anos, é profesor de matemáticas no instituto de Redondela, foi detido e trasladado á comandancia da Garda Civil de Pontevedra.
O corpo da vítima atopouse na porta da súa casa ao rededor das 21.30 horas da noite do domingo. Teríase producido cando lle correspondía a el entregarlle os seus dous fillos ( de 7 e 9 anos) tras pasar a fin de semana con el.
O presunto asasino levaríalle os nenos aos avós paternos antes de fuxir.