Un incendio nun ático nun edificio céntrico de Ourense obriga a desaloxar os veciños e causa grande expectación polo despregamento dos equipos de emerxencia. Houbo tres afectados polo fume.
O lume que prendeu nun ático dun gran edificio da Avenida da Habana obrigou a desaloxar as vivendas e a cortar o tráfico da vía para os labores de extinción de dos bombeiros e outros efectivos de emerxencias.
No ático había oito persoas e tres delas tiveron que ser atendidas polos equipos sanitarios por inhalación de fume.
O fume chegou a varias das vivendas.
Todo parece indicar que o lume se orixinou nun aparato eléctrico.
A gran columna de fume púidose ver desde moitos puntos da cidade das Burgas.
Ao ser un edificio céntrico o despregamento de emerxencias espertou unha gran expectación este mércores pola mañá.