lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísCase 100.000 galegos notarán a suba do salario mínimo

Case 100.000 galegos notarán a suba do salario mínimo

Con efecto retroactivo o salario mínimo interprofesional pasa a ser este 2023 de 1.080 euros ao mes (14 pagas) sendo preto de 100.000 galegas e galegos os beneficiados.

O incremento do 8% do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) até os 1.080 euros anunciada polo Goberno, tras chegar a un acordo cos sindicatos UXT e CCOO, beneficiará a uns 100.000 traballadores en Galicia, segundo indicou o delegado do Goberno na comunidade, José Miñones, quen valorou a «excelente noticia» para a comunidade e «para a maioría» que supón a subida.

Miñones destacou o cumprimento do compromiso de que o salario mínimo alcance o 60% do salario medio en España, «cunha subida do 47% desde que goberna Pedro Sánchez». O delegado resaltou que desde 2018 o salario mínimo incrementouse de 735 euros a 1.080.
O delegado contrastou a subida do 47% realizada nos últimos anos, co PSOE no Goberno, fronte á alza de só o 14% co PP durante 8 anos no Executivo central, o que define como unha «diferente forma de gobernar e protexer».

Neste sentido, Galicia será «das comunidades máis beneficiadas», con preto de 100.000 traballadores, «principalmente» mulleres, novas e profesionais do sector primario.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS