A Garda Civil auxiliou a un home que camiñaba desorientado pola autoestrada AP-9 en Pontevedra.
No quilómetro 129, no termo municipal de Pontevedra, sentido Portugal, a Comandancia da Garda Civil de Pontevedra recibiu múltiples avisos alertando da presenza dun peón camiñando pola autoestrada AP-9, sentido Vigo, advertindo do perigo da situación especialmente para esta persoa e pero tamén para o resto dos usuarios do vial.
Inmediatamente enviouse ao lugar a unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Pontevedra, sendo localizado o peón no devandito punto, o cal presentaba síntomas de estar desorientado, e unha vez tranquilizado é retirado da vía, e trasladado a dependencias do Subsector de Tráfico da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.
Unha vez identificado, puideron constatar que se trataba dunha persoa de 60 anos, usuario da Residencia da Terceira idade de Campolongo-Pontevedra. Postos en contacto coa dirección da devandita residencia, confirman a desaparición desta persoa, usuaria da mesma.
Unha vez máis a colaboración cidadá, e a rápida actuación dos axentes, resultou fundamental para evitar un accidente, cun máis que probable tráxico desenlace.