Tráxico final para a desaparición do veciño de Gondomar Albano Manso Núñez, de 48 anos, tras dez días na súa procura. Apareceu este domingo o seu cadáver na desembocadura do río Miñor.
O corpo sen vida de Albano aflorou no estuario na Ramallosa logo de que desaparecera o pasado 19 de xaneiro.
Será a autopsia a que determinará as causas da morte, aínda que todo apunta a un fatal accidente.
Un veciño que paseaba pola senda do Miñor alertou aos servizos de emerxencia dun cadáver no medio da Foz ao redor das tres da tarde deste domingo.
Acudiu a Agrupación de Protección Civil do Val Miñor. Os efectivos metéronse no lodo para tratar de quitalo coa axuda dos bombeiros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Val Miñor .
Con cordas sacárono ata o paseo con dificultade pola inestabilidade do terreo.
Garda Civil e Policía Local confirmaron a súa identidade e chegou o xuíz para ordear o levantamento do cadáver. Foi ás cinco e media da tarde cando foi trasladado ao
Pola tarde foi trasladado ao Hospital Nicolás Peña de Vigo para practicarlle a autopsia.
As circunstancias apuntan a un posible fatal accidente pero todas as hipóteses están abertas.
O corpo non presenta signos de violencia.
Albano marchou da casa o xoves 19 de xaneiro, deixou a comida feita para seus pais e non levou nin cartos nin o teléfono móbil.