Entrevista co candidato do PP na vila do Val Miñor, Jesús Vázquez Almuíña.
Dar o paso para deixar atrás a presidencia do Porto de Vigo e volver a ser candidato do PP en Baiona «fíxeno ao mirar ao municipio na situación que está, no seu peor momento en décadas». Así o di o candidato do PP na vila do Val Miñor, Jesús Vázquez Almuíña, nos micrófonos azuis de Si Radio de Galicia nos que apunta que ten claro que, nestas eleccións, se non consegue a maioría absoluta, os outros partidos uniranse para impedir que os populares teñan o bastón de mando da localidade.
Un dos obxectivos de Vázquez Almuíña é impulsar os servizos públicos.
Escoita a entrevista completa aquí: