Aprobouse xa o inicio do expediente de contratación da obra que dará servizo a 12 vivendas
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron de que desde o Concello séguese a apostar por ampliar a rede de saneamento no municipio ata chegar ao saneamento integral, e séguense a investir fondos propios a tal fin, a pesares de non ser competencia municipal.
Deste xeito, anunciaron que vén de aprobarse en Xunta de Goberno Local o inicio do expediente de contratación da obra de instalación da rede de saneamento no Camiño da Coutada, na parroquia de Louredo, que conta cun orzamento base de licitación que ascende a 109.968,55 euros.
O proxecto inclúe as obras necesarias para realizar o “saneamento no Camiño da Coutada-parroquia de Louredo”, nas zonas indicadas e necesarias para completar ditas redes e permitir que dito servizo de saneamento dea servizo á máxima extensión do concello. As obras consisten na canalización das diferentes tubaxes de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as operacións complementarias: escavacións, pozos, reposicións….
As obras consisten na ampliación e mellora da rede de saneamento na parroquia de Louredo, co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do concello de Mos, que aínda carecen deste servizo. Levarase a cabo a execución de 807,04 ml de saneamento no Camiño da Coutada. Instalarase un colector de PVC de Ø315 para dotar de saneamento ás 12 vivendas situadas nas marxes das zonas incluídas no proxecto e que actualmente carecen del.
O prazo de execución que se estima para a execucións das obra é de tres meses, incluíndo o estudo e preparación das mesmas