domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra abre o prazo para participar no enterro da lamprea

Salvaterra abre o prazo para participar no enterro da lamprea

O evento celebrarase o 25 de febreiro.

O Concello de Salvaterra de Miño vén de anunciar que a partir do día 27 de xaneiro e ata o 8 de febreiro queda aberto o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar, con comparse ou carroza, no Enterro da Lamprea. O evento celebrarase o próximo 25 de febreiro, a partir das 17:00 horas. Con todo, a administración local apunta que «por motivos de seguridade, de organización e de espacio, resérvase o dereito de reducir ou ampliar o prazo de inscrición».

No desfile poderán inscribirse todas aquelas comparsas e carrozas que cumpran cos requisitios establecidos. Só se poderá inscribir unha comparsa ou carrouza por asociación ou persoa.

Haberá dúas modalidades. A primeira, a de Carroza, na que poderán participar nesta categoría todas aquelas que teñan como mínimo 25participantes e unhas dimensións mínimas de 5 metros de longo. A segunda, a de comparsa, na que poderán participar nesta categoría as comparsas que teñan un mínimo de 20 membros.

As comparsas e carrozas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación. Non se considerarán como comparsas ou carrozas con dereito a inscrición e participación aquelas que, en anos anteriores, repetiran no sustancial o seu disfraz.

Os premios oscilarán entre os 100 e os 600,00€, dependendo da categoría e da cantidade de participantes.

Dende o Concello queren recordar que todas aquelas persoas que queiran participar no enterro de forma persoal e non a través dunha carroza ou comparsa poden facelo dentro da propia comitiva da defunta lamprea, formando parte do grupo de Choronas que acompañan a lamprea, de loito riguroso.

 A saída do desfile, de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2023 de Salvaterra, está prevista para as 17:00 horas, dende a Rúa Rosalía de Castro, discurrindo por Castelao, Rúa Galicia, dona Urraca e Praza do Concello.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS