domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísComesaña anuncia vacinas e cribados de cancro fronte as críticas

Comesaña anuncia vacinas e cribados de cancro fronte as críticas

Máis vacinas e máis cribados para eludir falar da problemática na Atención Primaria en Galicia.

Pleno no Parlamento de Galicia con comparecencia do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que fronte as críticas de BNG e PSdeG pola agonizante situación da Atención Primaria anunciou a ampliación das vacinas contra a meninxite e o herpes zoster e máis cribados oncolóxicos de pulmón e próstata.

A vacina contra o herpes zóster ata agora só se ofrecía a grupos de risco mentres que, a partir de xuño, poderana recibir os maiores de 65 anos.

A vacina contra a meninxite en adultos ampliarase para que cubra ata 20 serotipos diferentes.

Os voceiros da oposición de Sanidade; Montse Prado, polo BNG, e Julio Torrado, polo PSdeG, recriminaron ao conselleiro Comesaña que na súa intervención ante a Cámara centrouse unicamente en cuestións relativas á saúde pública e obviase a problemática existente na Atención Primaria. 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS