martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasParadantaChega a neve á Cañiza

Chega a neve á Cañiza

Os primeiros copos apareceron sobre as 19:00 horas do martes.

Chegou a neve á Cañiza. As baixas temperaturas da pasada noite deixaron un tapiz branco na capital da comarca da Paradanta cando pasaban as 19:00 horas deste martes.Existía un aviso de Meteogalicia alertando sobre que se podería acumular ata 2 centímetros de espesor, con todo, non chegou a callar proque chegou a chuvia ao alto de Fontefría minutos despois.

Dos copos da neve tamen disfrutaron os traballadores e traballadoras así como o alumnado do IES da Cañiza, que gozaron da chuvia branca a primeira hora da mañá.

O temporal deixa respirar ás comarcas

Así, o temporal está deixando respirar ás comarcas e non está castigando aos municipios como si ocorreu no último mes do 2022. Segundo informan as diferentes Policías Locais, en Ponteareas o río Tea estivo apunto de sairse do cauce, pero, finalmente, non houbo que lamentar ningún dano por anegacións. Os efectivos estiveron pendentes toda a noite. En Salvaterra, aínda que a auga anegou o paseo e chegou ata as portas da comisaría da Policía Nacional, non houbo que lamentar incidencias graves, ao igual que en Gondomar.

Dous accidentes por xeo

Iso si, as baixas temperaturas deixaron tamén xeo nas estradas, que provoucou dous accidentes múltiples en Ponteareas, na A-52. No primeiro deles, sen feridos, estiveron implicados tres vehículos. No segundo, dúas persoas foron trasladas polo persoal de Urxencias logo dunha colisión entre catro vehíuclos. Ata o punto acudiron os servizos sanitarios, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o GES de Ponteareas así como Protección Civil.

Alerta laranxa na costa

Meteogalicia establece o nivel de alerta laranxa, o segundo máis alto, por chuvascos de neve en cota baixas e por temporal no mar por vento e ondas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS