martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasLouriñaA cuberta do polideportivo do colexio de Atios será substituída

A cuberta do polideportivo do colexio de Atios será substituída

Está deteriorada e estanse a producir entradas de augas pluviais que impiden o normal desenvolvemento das actividades lectivas

O Concello do Porriño acometerá nos próximos días os traballos se substitución da cuberta do pavillón polideportivo do CEIP Plurilingüe de Atios. As obras, financiadas con fondos municipais, contan cun orzamento de 70.304,65 euros.
A consecuencia do deterioro polo paso do tempo o material que cubre o pavillón non cumpre xa coa súa función de impermeabilización. “Estanse a producir entradas de augas pluviais ao interior e o problema agravouse coas choivas do último mes, o que imposibilita a práctica das actividades deportivas, tanto as escolares como outras de carácter municipal”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Isto entraña un perigo para os nenos e nenas que fan uso do pavillón e impide o normal desenvolvemento das actividades lectivas. Por iso acordamos actuar de inmediato”.
Con tal motivo, contratouse polo procedemento de urxencia a renovación de toda a cuberta por unha nova formada por panel metálico con illamento intermedio e, ademais, instalarase unha nova rede de evacuación, formada por canalóns metálicos de sección rectangular e baixantes de PVC.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS