Polo menos 6 detidos na operación antidroga levada a cabo en Arousa este martes
Rexistros con cans e un helicóptero causaron gran expectación en Vilanova e a Illa de Arousa este martes pola mañá, desde primeira hora.
Operación da Garda Civil, a Policía Nacional e o Servizo de Vixilancia Aduaneira.
Incluíu intervencións nos barrios de San Roque, Ravella e Os Duráns, en Vilagarcía.
Numerosos axentes co apoio, cans da unidade canina da Garda Civil ou un helicóptero da Policía Nacional participan na operación.
Os rexistros e as detencións están todas vinculadas co tráfico de drogas.