A Policía Nacional detivo en Vigo un home por gravar cun teléfono móbil a mulleres en probadores de roupa.
Está acusado dun delito contra a intimidade e xa pasou a disposición xudicial.
A investigación iniciouse o pasado 7 de xaneiro, cando os vixiantes de seguridade dun céntrico establecemento comercial da cidade olívica alertaron de que un home tería gravado prespuntamente a varias clientas no interior dos probodores.
Este home fora sorprendido por unha empregada do establecemento.
Os axentes efectuaron varias xestións e comprobaron que o home accedía á zona dos probadores para gravar mentres mulleres cambiábanse de roupa.