O actor e humorista Carlos Blanco (Vilagarcía de Arousa) actuará con «Os mellores monólogos» en dobre sesión este 14 de xaneiro no auditorio de Salceda.
Entrevista a Carlos Blanco:
Esgotou as entradas para a primeira sesión das 20.30 horas e abriu unha segunda función para as 22.30 horas e os tickets tamén se esgotaron.
Será un espectáculo de 70 minutos no que fará «jazz oral» a partir dunha selección do mellor dalgúsn dos seus monólogos máis coñecidos ao longo dunha traxectoria de 30 anos.
Nesta entrevista en Si Radio de Galicia adianta como será a súa actuación deste sábado e os seus proxectos para este 2023 .