Entrevista co presidente da Comunidade de Montes de Godóns, Dario Carballo.
«Red Eléctrica non pode vir a Covelo e dicir que si ou si se fará a Liña de Alta Tensión por donde eles queiran». Así o di o presidente da Comunidade de Montes de Godóns, Dario Carballo, nos micrófonos azuis de Si Radio de Galicia. Apunta Carballo que a petición dos comuneiros e que se retire do núcleo urbano.
E é que o Concello de Covelo e as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Godóns, Maceira e San Salvador de Prado amosan o seu rexeitamento ao trazado do proxecto do Parque da Subestación Fontefría promovida por Red Eléctrica de España SAU. Crtica Darío Carballo que non contaran cos veciños e as veciñas á hora de debuxar o trazado. Xa presentaron alegacións para impedir que se manteña.
As tres comunidades de montes adiante que non aceptarán o prezo que Red Eléctrica de España ofrece xa que está moi por debaixo do mercado, ofertando ata catro veces menos do valor do solo e solicitan unha negociación directa coa empresa pública e non cos intermediarios privados. Ademáis, paralizará os proxectos e subvencións acadados.
Escoita a entrevista completa aquí: