O obxectivo é dinamizar o mercado de traballo e fixar emprego, atendendo ás demandas dos diferentes territorrios.
A Xunta completará en 2023 o despregamento da súa Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego por toda a xeografía galega. Así o aprobou este xoves o Consello da Xunta polo que se poñerá en funcionamento sete novos espazos nas castro provincias. Será en Melide, Mondoñedo, Friol, A Fonsagrada, O Carballiño, O Barco e O Porriño, «que sumados aos 5 activados no último semestre de 2022 darán cobertura ao 100% dos concellos», segundo di a administración autonómica.
Nos polos de emprendemento que están en marcha recibiron asesoramento no último semestre de 2022 un cento de proxectos empresariais, dos que 91 se atopan activos, chegándose a 112 persoas beneficiarias dos seus servizos.
O obxectivo é formentar a iniciativa empresarial para dinamizar o mercado de traballo e fixar emprego, atendedo as demandas dos diferentes territorios.