Un camioneiro vigués de 65 anos faleceu este martes tras precipitarse ao mar ao volante do vehículo que conducía no peirao de Guixar, en Vigo.
O accidente, segundo fontes da Garda Civil, sucedeu sobre as 9.15 horas e todo apunta a que se debeu a unha indisposición xa que o camión, formado por unha cabeza tractora e un contedor, circulaba moi amodo antes de virar, desviarse e caer finalmente á auga.
A Garda Civil, nada máis ter coñecemento do suceso, púxose en contacto cunha empresa de mergullo situada no mesmo porto de Vigo, pero cando os mergulladores chegaron ata o condutor, este xa falecera.
Era traballador da empresa Basadre cando conducía fronte a cementeira Tudela Veguín, onde caeu ao mar.
Ata o lugar acudiron os bombeiros de Vigo, a Policía Nacional, a Policía Local, Salvamento Marítimo e Gardacostas. A Autoridade Portuaria enviou recursos propios e a Garda Civil acudiu por mar
Foi retirado o camión da auga esta mañá de martes.