martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasLouriña"O contexto da familia do bebé que estivo na intemperie no Porriño...

«O contexto da familia do bebé que estivo na intemperie no Porriño era bo»

Entrevista co inspector xefe da Policía Local do Porriño, Dani Rodríguez.

A Policía Local salva de morer de frío a un bebé que estaba no colo do seu pai. Un pai que estaba bébedo. Ocorreu no municipio do Porriño no que un veciño alertou aos axentes ao ver ao home intentando darlle un biberón á nena de tan só 26 días na noite de reis, sobre as 23:00 horas. A nai levaba buscandoos oito horas sen éxito.

Foron os propios policías locais os que levaron ao bebé no coche patrulla ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo porque a ambulancia dispoñible nese momento non se atopaba a 24 graos, que é o que marca o protocolo neste tipo de casos. O bebé recuperouse no hospital.

A Policía deron parte ao xuzgado e a fiscalía de menores así como aos servizos sociais do Concello do Porriño.

O inspector xefe da Policía Local do Porriño, Dani Rodríguez, explica en Si Radio de Galicia que «o contexto da familia era bo» e que «non había indicios de que era algo que podería pasar».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS