Comeza o 14 de xaneiro e finaliza o día 19 de marzo.
O Concello de Salvaterra de Miño recupera o cine de inverno coa súa terceira edición. Comezará o 14 de xaneiro e finalizará o próximo 19 de marzo, unha tempada na que os máis pequenos e os maiores poderán gozar das estreas do ano 2021 e 2022.
Recupera así a administración local logo do parón que marcou a COVID-19. Proxecteranse os sáado ás 22: 00 hora e os domingos ás 17:00 horas para os nenos e as nenas no salón de actas da Casa de Cultura. A entrada é de balde.