jueves, noviembre 28, 2024
InicioNewsO PaísA vacinación COVID aumenta en Galicia pola situación na China

A vacinación COVID aumenta en Galicia pola situación na China

Moitos menores de 60 anos que ignoraran a cuarta picada contra a COVID-19 están agora a pedila ante a infección disparada de casos na China.

En pleno Nadal estase a multiplicar a afluencia de cidadáns aos puntos de vacinación contra a covid.

Os expertos en vacinas explican os porqués da onda epidémica na China e din que aquí non hai motivos para a alarma.

«No só porque as nosas vacinas funcionan moi ben, senón porque temos medicamentos antivirais, monoclonais…. E temos experiencia en como protexernos. A nivel individual debemos ter o noso calendario vacinal ao día, e non só da covid, senón doutras infeccións que se aproveitan do feito da covid para atacarnos», explica o asesor de vacinas da OMS, Federico Martinón.

 Os hospitais manteñen os puntos de vacinación abertos, con autocita, que se pode obter na app Sergas Móbil ou na web.

Tamén se pode acudir sen cita nos días habilitados para acceso libre. 

Desde o Sergas piden especialmente aos maiores de 60 anos e as persoas de saúde máis vulnerable que sexan precavidos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS