Entrevista co presidente do S.D Juvenil de Ponteareas, Pedro Alfaro.
O S.D Juvenil de Pontearas ten que adestrar nos campos municipais de Salvaterra de Miño e mesmo no de Coruxo. E é que Pardellas está aínda afectado pola anegación do río Tea, de feito a auga, segundo explica en Si Radio o presidente do club Pedro Alfaro, «chegou ata arriba das porterías».
Neste contexto, o presidente do club pide «solucións nas alturas porque non podemos estar con este problema cada cinco anos que é cando ocorre este tipo de inundacións». Este domingo teñen partido contra o Verín C.F e agardan ter o campo de fútbol listo para xogar.
Podes escoitar a entrevista completa aquí: