Foron nove cupóns premiados con 40.000 euros cada un no sorteo do 30 de decembro.
O último «cuponazo» do ano 2022 deixa en Ponteareas 360.000 eruos en nove cupóns premiados con 40.000 eruos cada un no sorteo do 30 de decembro. Así o fai saber a ONCE nun comunicado no que apunta que foi a vendedora Deyse Barros quen «levou a sorte ao municipio, na súa ruta pola localidade».