lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasParadantaA reforma do mercado de Crecente ascenderá a 96.000 euros

A reforma do mercado de Crecente ascenderá a 96.000 euros

A Xunta, a través da Consellería do Medio Rural, está a rehabilitar o Mercado Municipal de Crecente para impulsalo como centro de dinamización socioeconómica e favorecer a venda de produtos agroalimentarios da contorna.

Cun investimento de 95.753 euros  está pendente a reforma interior para proceder á súa reapertura logo de que se mudara a cuberta o ano pasado.
“Estamos ante unha actuación perfecta de ámbito rural, polo seu efecto moi favorable para a dinamización social e comercial dun concello de interior, e que ademais aposta pola promoción e posta en valor de produtos agroalimentarios galegos, con especial fincapé nos locais destas comarcas do sur da provincia, pero tamén dos pertencentes ás Denominacións de Orixe e as Indicacións Xeográficas Protexidas”, explicou o delegado da Xunta na provincia, Luis López, que visitou este xoves a infraestrutura xunto ao alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo Pérez.

Esta actuación, que se desenvolverá en dúas anualidades co obxectivo de rematarse nas primeiras semanas de 2023 para proceder á súa inmediata posta en funcionamento, está a ser financiada por unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, “posto que o proxecto presentado polo Concello de Crecente é magnífico e cumpría, un por un, cos requisitos, a filosofía e a estratexia de potenciación do rural deseñada pola Xunta”, agregou Luis López.

A rehabilitación do Mercado Municipal de Crecente consiste na restauración completa do interior do inmoble, que conta con dúas plantas e unha superficie de 564 m2, e a creación de catro postos de venda de produtos agroalimentarios e dun local para un supermercado que terá entrada independente dende os soportais do exterior.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS