lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño instala unha gran carpa para celebrar o pre fin de ano

Porriño instala unha gran carpa para celebrar o pre fin de ano

A festa trasládase á rúa Domingo Bueno e a San Silvestre aprázase ao 7 de xaneiro

Ante as previsións meteorolóxicas adversas para o vindeiro venres 30, a celebración do pre fin de ano no Porriño trasládase á rúa Domingo Bueno. Alí, instalarase unha gran carpa de preto de 1.000 metros cadrados que acollerá todas as actividades da programación.
Como estaba previsto a festa dará comezo ás 11:30 horas da mañá cos pequenos e pequenas como protagonistas xa que terán o seu Pre Fin de Ano Infantil con actividades e animación a cargo das As Maimiñas, unha sesión DJ Mini e concurso de vestiario polo que é importante que veñan ben elegantes para participar. Por suposto, as doce badaladas soarán para despedir o ano a cargo do grupo porriñés King Kids, que farán unha previa do concerto que ofrecerán pola tarde. Haberá cotillón especial para todos!
Arredor das 19.00 horas dará comezo o concerto dos King Kids e de seguido comezará a soar baixo a carpa a música das rondallas de Atios e Pontellas. Pero a festa non para e de seguido comezará a soar a música da orquestra La Fórmula que, xunto a actriz Rebeca Stones e ao reputado dj Michael Chenlo, que actuará despois, serán os encargados de dar as badaladas coas que diremos adeus ao 2022 e recibiremos o novo ano. Por suposto haberá uvas e cotillón para facelo por todo o alto.
Adíase a San Silvestre 22
Pola natureza do evento e para que os participantes poidan desfrutar do mesmo sen o impedimento da choiva, o Concello do Porriño acordou adiar a carreira solidaria, San Silvestre 22. Celebrarase o sábado 7 de xaneiro.
A día de hoxe constan 250 persoas inscritas pero o prazo para anotarse amplíase ata ás 00.00 horas do día 3 de xaneiro, para que todo aquel que queira participar poida facelo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS