lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta adquire 3 parcelas en Ourense para 70 vivendas públicas

A Xunta adquire 3 parcelas en Ourense para 70 vivendas públicas

A Xunta adquiriu 3 parcelas en Ourense para construír preto de 70 vivendas de promoción pública que se destinarán ao alugueiro.

Estarán destinadas estas vivendas a familias con ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM -20.265 euros anuais aproximadamente-, segundo anunciou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

Durante a visita que realizou aos terreos, que foron adquiridos á Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb), Ángeles Vázquez explicou que este proxecto será realidade grazas a un investimento de case 12 millóns de euros, dos que algo máis de 1 M€ se destina á compra das parcelas e preto de 11 M€ á construción de 3 inmobles. Ademais, esta actuación contará tamén con fondos europeos -50.000 euros por vivenda-.

A previsión da Xunta é poder licitar o contrato de redacción do proxecto no primeiro trimestre de 2023 para poder adxudicar as obras en 2024 e que as novas vivendas sexan unha realidade en 2026.

Ourense súmase así ás cidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Vigo e Lugo, onde o Goberno galego ten previsto construír 500 vivendas de promoción pública enerxeticamente eficientes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS