martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísRescatados os 7 cadáveres tras o accidente de autobús no Lérez

Rescatados os 7 cadáveres tras o accidente de autobús no Lérez

Localizada a sétima vítima mortal do tráxico accidente deautobús no río Lérez a pasada Noiteboa ao seu paso pola parroquia de Pedre, en Cerdedo-Cotobade.

O corpo sen vida foi avistado polo helicóptero Pesca I pouco antes do mediodía deste luns, segundo confirmou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.

A última vítima mortal localizada volvía coa única sobrevivente, veciña de Ponteareas, de visitar ás súas parellas no cárcere de Monterroso, en Lugo.

O operativo reactivouse pola mañá este luns coa intervención da Garda Civil.

Segundo Miñones, a sétima vítima, duns 50 anos, iría acompañando no autocar á muller sobrevivente. «Por mor da declaración do fillo desta informando de que a súa nai non viaxaba soa, iniciouse de novo a procura», apuntou o delegado do Goberno.

Ao longo do extenso operativo realizado durante as dous últimos días xa se especulou coa posibilidade de que unha novena persoa viaxase no autobús, todo en base á declaración inicial do condutor, ao que esta mañá se lle deu o alta no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Esta posibilidade descartouse nun principio, xa que este fin de semana só foran reclamadas 7 persoas por parte dos familiares (seis vítimas mortais máis a muller sobrevivente, que continúa ingresada no Hospital de Montecelo de Pontevedra).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS