O informe científico que elaborará a Unión Europea tendo en conta os datos aportados polos estados membro que recurriron o veto a pesca de fondo en 87 caladoiros non estará listo ata o verán e previsiblemente non levantará o veto.
O sector non ten moitas esperanzas de que a UE dea marcha atrás e cre que o veto dos «medioambientalistas» vai perdurar no tempo, facendo que os datos científicos avalen a decisión política tomada previamente.