miércoles, noviembre 27, 2024
InicioComarcasO CondadoO equipo femenino de natación CN Ponteareas fai historia e ascende a...

O equipo femenino de natación CN Ponteareas fai historia e ascende a primeira división

Obtiveron a 5º posición nas probas clasificatorias e sitúanse entre os 24 mellores equipos nacionais.

O equipo femenino de natación do CN Ponteareas vén de facer historia ao ascender a 1º división e estar, polo tanto, entre os 24 mellores dos equipos nacionais.

E é que hai uns días coñecéronse os resultados definitivos da 2º división da Copa de España, a competición nacional de clubes de natación na que máis de 70 equipos competiron nas diversas sedes autonómicas. Os equipos tiñan un obxectivo en común: conseguir 6 prazas de ascenso para ascender a 1º división.

Unha vez unificados os resultados, o equipo femenino do CN Ponteareas obtiveron a 5º posición, alcanzando por primeira vez na súa historia unha praza para ascender a 1º división e situarse como un dos 24 mellores de España.

Dende o equipo explican que «é un mérito alcanzar a 1º divisón, que tan só uns poucos equipos de Galicia disfrturaron».

O femenino de natación CN Ponteareas está formado por Iria Lemos, Sofía Carballo, Carla Faro, Carla Carrón, Alba Ortiz de Guinea, Sara Ibáñez, Naiara Eijo, Inés Borge e Naroa Estévez.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS