Antía, Noa, Carolina e Eva do Club de Natación Mos trouxeron varios logros do Campionato Galego
O Pavillón Óscar Pereiro acolleu a recepción ás nadadoras infantís do Club Natación Mos e ao seu adestrador, Alberto Pereira “Xouba”, polos resultados obtidos a fin de semana do 25, 26 e 27 de novembro no campionato galego.
A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo; o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros da corporación municipal felicitáronas polo gran papel no Campionato Galego Absoluto celebrado en Lugo, onde a pesares de ser nadadoras de categoría infantil, as representantes do Club Natación Mos estiveron entre as mellores.
Desde a directiva do club destacan “o gran papel de Carolina Pereiro coa medalla de prata nos 200 Braza e o 5° posto nos 100 Braza e a Eva Martínez 5ª nos 50 Espalda. Sendo nadadoras que pese á súa curta idade están a despuntar entre as mellores especialistas de Galicia”. Ademais quixeron salientar “o incrible labor do adestrador, Alberto ‘Xouba’, sen o cal estes resultados non terían sido posibles”.
Antía, Noa, Carolina e Eva son as catro nadadoras integrantes do equipo Infantil do Club Natación Mos. “As catro fixeron un incrible esforzo e foron unhas grandísimas representantes mosenses no Campionato Galego. Estas rapazas chegarán moi lonxe”, auguraron a alcaldesa e o edil de Deportes