Rueda anunciou no Parlamento que o seu Goberno dará luz verde este xoves a un novo “proceso de contratación” de cen profesionais para pacientes con hipertensión, diabete e obesidade.
O presidente da Xunta anunciouno como reforzo do Sergas na Atención Primaria.
Estes profesionais serán dietistas e nutricionistas, segundo detallou o mandatario autonómico en resposta á pregunta realizada pola líder do BNG, Ana Pontón, na sesión de control do Parlamento galego na que a líder nacionalista lamentou que “o PP se convertese nun problema para a saúde dos galegos”.
Alfonso Rueda explicou que ese cento de profesionais se sumará aos 134 especialistas que xa se incorporan aos orzamentos de 2023, aprobados o martes na Cámara.
A voceira do BNG, Ana Pontón, recriminoulle a Rueda que a falta de médicos en Galicia débese á mala planificación da Xunta e lembrou que das 89 persoas que finalizaron o MIR de primaria na comunidade, son 39 as que “non queren traballar aquí porque están a escapar da precariedade”