miércoles, noviembre 27, 2024
InicioComarcasLouriñaO 17 de xaneiro comeza o xuízo contra o conductor que acabou...

O 17 de xaneiro comeza o xuízo contra o conductor que acabou coa vida dunha famiila en Salceda

A Fiscalía pide cinco anos de prisión para Alfredo L.R.

17 de xaneiro. É a data na que comeza o xuízo contra o conductor de Salceda de Caselas que acabou coa vida dunha nai e dos seus fillos menores. A Fiscalía pide cinco anos de cárcere para el, que quintupiclaba a taxa de alcol permitida.

Así, a sección segunda da Audiencia Provincial sinalou para o próximo 17 de xaneiro a primeira xornada do xuízo contra o conductor que en marzo de 2021 colisionou co seu coche contra outro vehículo no que viaxaban María Luisa e os seus dous fillos de 6 e 13 anos, respectivamente pola PO-510 ao seu paso polo municipio de Salceda de Caselas.

Nese accidente, a familia faleceu e o conductor resultou ferido. A tasa de alcol de Alfredo L. R foi de 2,49 miligamos en sangue segundo as probas que se lle realizou no centro sanitario. Amáis, segundo sinala a Fiscalía circualaba a 128 kilómetros por hora nunha vía limitada a 90. Acusano de tres delitos de homicidios por imprudencia grave e un delito de conducción baixo alcol.

O xuízo celebrarase en Pontevedra e nel tamén se decidirá a multa, que a fiscalía cifra en 600.000 mil euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS