Entrevista con dúas das persoas que forman parte de Tea Vivo, a principal asociación do municipio que impulsa a recuperación da Freixa e a súa contorna
A plataforma Tea Vivo, que é a principal asociación de Ponteareas que impulsa a recuperación da Frexa e a súa contorna, vén de presentar unha solicitude ao Concello de Ponteareas para que a administración local instale nas tres pontes de madeira que hai na senda do río Tea, ao seupaso por Ribadetea e Padróns, un material antiescorregadizo. E é que segundo aseveran Tino Novoa e Santiago Copena, dous dos membros da plataforma, varios veciños se puxeron en contacto con eles para advertir sobre esta situación.
Critican o abandono dos elementos históricos da vila e apelan a «recuperar a memoria das cousas». Por iso, piden que se identifique os nomes dos regatos porque «son poéticos e así non perdemos a memoria da xeografía do municipio».
Escoita a entrevista completa con Tino Novoa e Santiago Copena, aquí: