miércoles, noviembre 27, 2024
InicioComarcasO CondadoEsquerda Unida de Ponteareas e Podemos elixirán a finais de xaneiro a...

Esquerda Unida de Ponteareas e Podemos elixirán a finais de xaneiro a cabeza de lista para as eleccións do 2023

A data que, en principio, contemplan é o 28 de xaneiro.

Esquerda Unida de Ponteareas e Podemos avanzan para unir programas co obxectivo de presentarse de forma conxunta ás eleccións municipais de 2023. Segundo puido saber Si Radio de Galicia, o 28 de xaneiro é a data que contemplan, en principio, para escoller á persoa candidata á alcaldía así como as persoas que ocuparán os primeiros postos da lista electoral. Decidirase nunha xuntanza.

Será o 30 de decembro cando se volvan xuntar Esquerda Unida de Ponteareas e Podemos para falar sobre Medio Ambiente e Urbanismo.

Pola súa banda, o que fora o líder de EU en Ponteareas e concelleiro na primeira lexislatura de goberno do Bloque Nacionalista Galego, Lino Costas, adiantou que non se ía presentar aos próximos comicios e que da «un paso ao lado»

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS