O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, considera que o exame xera «desigualdades» entre os alumnos dos distintos puntos de España.
O responsable autonómico da Educación en Galicia visitou esta mañá o CEIP Antonio Palacios, no Porriño, con motivo do seu 50 aniversario, e nas súas declaracións insistiu na necesidade de que se retire o actual proxecto de ABAU para facer que o exame «de acceso á universidade» sexa unha proba igualitaria para todos os estudantes, independentemente da súa autonomía de procedencia.
Román Rodríguez:
“Creo que é momento xa de pedir de forma formal que se retire este proxecto de modificación porque, en primeiro lugar, exclúe ao 50 por cento dos alumnos que participan na ABAU e porque este proxecto non ten sentido xa que non favorece en ningún caso a igualdade das persoas”, dixo Rodríguez tras un acto no Porriño.
Segundo expuxo o conselleiro, a “debilidade” que sempre se lle achacou á ABAU é que xera desigualdade entre os alumnos en función do territorio da súa procedencia, cuestión que agora “non se corrixe senón que se agrava” polo peso que se outorga na nota final á ‘proba de madurez’.