Entrevista co candidato á alcaldía de Redondela polo Partido Popular, Javier Bas.
«O que está facendo o goberno do PSOE de Digna Rivas é levar a cabo os proxectos que tiña o PP en Redondela, pero mal executados». Así o fai saber en Si Radio de Galicia o candidato á alcaldía, o popular Javier Bas, quen lamenta que o actual goberno do municipio «non aportou nada».
Explica que no caso de que consiga o bastón de mando de Redondela, promoverá a terceira comisaría de distrito para «aumentar a seguridade» e impulsará a recuperación da praia de Cesantes, entre outras cuestións.
Podes escoitar a entrevista completa aquí: